Angy, nai de Naia
O venres, 29 de maio, a piques xa de rematar este curso, desenvolveuse na nosa aula unha das derradeiras actividades de lectura en familia con Angy, nai de Naia.
Angy fixo unha lectura moi entretida do conto, "Papá Monstruo y el bosque de las emociones".
Esta historia narra as aventuras de Sami e o seu pai, Papá Monstruo. Xuntos fan unha viaxe por un bosque fantástico onde as paisaxes e as cores cambian segundo o que senten: enfado, tristeza, susto ou alegría.
E todas as emocións son boas e necesarias. Non pasa nada por chorar ou sentir rabia, o importante é falar do que nos pasa e axudarnos uns aos outros.
Angy, queremos agradecer, de todo corazón, que viñeses pasar un anaquiño do teu tempo con nós e tamén che damos as grazas polos bonitos agasallos que nos trouxeches.👏👏
Moitas Grazas, Angy
👏👏👏👭💛💚💙💜








