mércores, 6 de setembro de 2000

ESPAZO FAMILIAS

24 de setembro de 2025

Compartimos as instrucións para darse de alta na Aula Virtual Santillana de xeito totalmente gratuito, sempre que así o desexen. 

IMPORTANTE: O alumnado que o ano pasado xa creara unha conta na Aula Virtual Santillana non necesita creala de novo, simplemente deberán entrar co usuario e contraseña do curso anterior e engadir a licencia que se facilita ao alumno/a  para este curso (4º de Educación Primaria). Se non teñen unha conta xa creada deberán acceder á Aula Virtual Santillana 4 no seguinte enlace: 

https://av.santillana.es/av/login/choice  e crear unha conta seguindo os pasos que se recollen nas instrucións facilitadas pola editorial.👇   

4 de setembro de 2025. 

💥Reunión inicio de curso

Estimadas familias: 

Vén de comezar un novo curso escolar ao que quero darlles a benvida como membros desta Comunidade Educativa.

Comparto aspectos de interese que se abordaron na reunión de inicio de curso para familias, pais/nais que lles foi imposible  poder asistir.

 Un cordial saúdo.

BENVIDA CURSO 24/25 de Rosa M García Méndez

4 de setembro de 2025.

💥Compartimos as instrucións para darse de alta na Aula Virtual Santillana se así o desexan. É necesario realizar un rexistro previo cun só correo electrónico que pode ser o do alumno, ou ben o do pai ou nai e logo cumplimentar os datos que se solicitan e introducir o usuario e contraseña dos libros, facilitada polo centro. A través desta plataforma terán acceso aos libros do alumno correspondentes a 3º curso de Educación Primaria e outros recursos interesantes dos que pode beneficiarse  o alumno/a con total gratuidade.


19 de xuño de 2025 

💥Despois da visita de mestras de instrumentos de corda do Conservatorio de Lalín, comparto para aquelas familias que estean interesadas, este apunte que nos fixeron chegar: