Elixe o teu idioma

domingo, 14 de xuño de 2026

Fin de curso 25/26

Un ano máis que pasou moi rápido, sen case darnos conta, e un novo ciclo que vimos de rematar, moi contentos por todos os logros  e obxectivos acadados.

Moitas felicidades!

 

Quero felicitarvos por tanto esforzo e traballo, tamén ás vosas familias pola implicación e axuda ao longo destes dous cursos. Finalmente agradecer, de todo corazón, a sorpresa tan marabillosa que me tiñades preparada, é un detalle inesquecible, polo bonito e polo emotivo que resultou ser. O broche de ouro perfecto para estes dous anos que compartimos xuntos. A todos e a todas, mil grazas💖💗💕

Desfrutade moito  do verán, da praia, da vosa familia e dos vosos amigos e amigas.

Despídome facéndovos chegar todo o meu cariño e gratitude. Unha aperta enorme e feliz Verán!🌞🌊🏄

 💝💝💝💝

 Feliz Verán!🌞

 

Grazas!


Lectura en familia con Fátima

Fátima, nai de Lucas

O venres, 12 de xuño,  desenvolveuse na nosa aula a derradeira actividade de lectura en familia para este curso.

Fátima, nai de Lucas, quixo compartir con nós o conto, "Desconectados" escrito por Miriam Tirado.

Con esta lectura, Fátima trata de poñer de manifesto unha problemática que cada vez está sendo máis habitual,  as adicións ás pantallas, tanto da poboación en xeral, como máis concretamente, o caso dos menores, cando non hai un control parental sobre o uso das mesmas.  

Este libro serve como ferramenta para que os nenos e nenas comprendan o aditivas que poden chegar a ser as pantallas e como os videoxogos no ordenador ou no teléfono nos poden ocupar gran parte do noso tempo de ocio. 
Axuda a reflexionar sobre os hábitos dixitais e inclúe consellos prácticos para que os pais poidan xestionar as tecnoloxías na casa de forma sa, máis agora no período estival que temos moito tempo libre e non debemos dedicalo só a xogar co ordenador.
Como ben di Fátima, nas vacacións de verán é conveniente aproveitar os días de sol e o bo tempo para saír a pasear, xogar cos nosos amigos  e amigas e estar máis coas nosas familias.
Unha lectura moi interesante e moi de actualidade que nos fai reflexionar se o noso comportamento, en relación ás novas tecnoloxías, é responsable e sempre o máis axeitado. Desfrutamos moito escoitando o teu relato e os teus consellos.  Grazas, Fátima, por colaborar con esta proposta do noso centro e por concedernos un pouquiño do teu tempo.
 👏👏👏👏👏👏

Como mostra do noso agradecemento, tiñamos preparado un orixinal agasallo que entregou Lucas e Gael en nome de todos. Agardamos que che gustara.

E Fatima tamén trouxo un bonito recordo para todos os nenos e nenas da clase que repartíu Lucas moi amablemente. Unhas pulseiras moi bonitas! Moitas Grazas de parte de todos nós.


Toda a rapazada e tamén os profes estamos moi agradecidos  a todos os pais e nais que colaboraron con este programa de Lectura en familia que se estivo a desenvolver durante todo o curso escolar. Coa vosa contribución todos os nenos de 4º curso puideron beneficiarse desta iniciativa de fomento á lectura, que, cando menos, resultoulles  motivadora e divertida. 
A todas as familias,
GRAZAS!

venres, 5 de xuño de 2026

Día Mundial do Medio Ambiente.

Hoxe venres, 5 de xuño, celebramos no noso  colexio o Día Mundial do Medio Ambiente co fin de concienciar á poboación de todos os problemas graves que afectan ao noso planeta, como a contaminación, o cambio climático e a perda de biodiversidade. Cómpre cambiar os hábitos de consumo e impulsar leis ecolóxicas  máis xustas que coiden do planeta,  do clima e de todos nós.

Na nosa aula, e coa finalidade de dar continuidade ao proxecto que estivemos desenvolvendo ao longo de todo o curso, "Clima san, vida sa", e xa para rematar o noso traballo, preparamos unha obriña de teatro titulada: "Clima en perigo". 

 Foi dramatizada  dentro da propia aula e posteriormente compartimos o texto con todos os nosos compañeiros e compañeiras do colexio en forma de audio, a través da nosa radio, "Zoadeira Radio". 💚💙

Esta peza teatral foi escrita por nós e está relacionada directamente coa temática do proxecto  de biblioteca que foi desenvolvido por todo  o colexio neste curso 2025/26: "Coida do clima, coida dos teus". Así, dun xeito lúdico, tratamos moitos  dos problemas que causa a contaminación, como poden  afectar á nosa saúde e cales poden ser algunhas das posibles solucións, sempre  coa mirada inxenua e unha perspectiva infantil, a nosa, a dos nenos e nenas de 4º curso de Educación Primaria.

*IA

luns, 1 de xuño de 2026

Lectura en familia con Angy

Angy, nai de Naia
O venres, 29 de maio, a piques xa de rematar este curso, desenvolveuse na nosa aula unha  das derradeiras  actividades de lectura en familia con Angy, nai de Naia.
Angy fixo unha lectura moi entretida do conto, "Papá Monstruo y el bosque de las emociones".
Esta historia narra as aventuras de Sami e o seu pai, Papá Monstruo. Xuntos fan unha viaxe por un bosque fantástico onde as paisaxes e as cores cambian segundo o que senten: enfado, tristeza, susto ou alegría. 
E todas as emocións son boas e necesarias. Non pasa nada por chorar ou sentir rabia, o importante é falar do que nos pasa e axudarnos uns aos outros.
Angy, queremos agradecer, de todo corazón, que viñeses pasar un anaquiño do teu tempo con nós e tamén che damos as grazas polos bonitos agasallos que nos trouxeches.👏👏

Moitas Grazas, Angy 
👏👏👏👭💛💚💙💜