Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, trataremos de dar a coñecer ao alumnado á escritora homenaxeada, Begoña Caamaño Rascado, con actividades de diversa índole.
Do mesmo xeito, aproveitamos para traballar, nesta semana, a outros escritores en lingua galega e con recoñecemento no Día das Letras, dende 1963. Entre eles, Rosalía, Curros Enríquez, Castelao, Luísa Villalta, Xela Arias, Eduardo Pondal ... o resultado final foi este orixinal mural dedicado ás nosas Letras.
TAfondamos na vida e obra da escritora Begoña Caamaño, a homenaxeada deste ano, dun xeito atractivo e lúdico, a través de diversos textos, xogos interactivos e con entrevistas realizadas a persoas que a coñeceron e tivemos a sorte de que colaboraran con nós, aportando información moi valiosa. Logo algúns nenos e nenas participaron na gravación dun interesante podcast relacionado coa súa biografía e que compartimos con todos vós na nosa radio "ZoadeiraRadio".
Dexamos aquí o programa de radio completo no que colaboraron os nenos e nenas da clase de 4º curso, xunto con outros compañeiros e compañeiras do centro.👂
Continúa a semana e seguiremos festexando esta conmemoración que é tan nosa, con actividades diversas.
Feliz Día das Letras Galegas!
Emocionados cantamos o Himno de Galicia.




.jpg)

