Co gallo da celebración do Día do Libro, o alumnado de 4º curso queremos animar a todos e a todas á lectura. Nós descubrimos que abrir un libro é como acender unha lanterna na escuridade, sempre te leva a un lugar novo e marabilloso. Compartimos con todos vós as nosas lecturas deste curso, desde contos clásicos que nos fixeron reflexionar, ata cómics e novelas de aventuras que nos mantiveron en vilo. Cada páxina foi unha oportunidade para deixar voar a imaxinación porque cos libros todos os soños están ao alcance da man. Estas son as portadas dos traballos realizados en relación a aqueles libros que nos pareceron máis divertidos e interesantes. Case todos foron valorados con cinco estrelas, iso quere dicir que nos gustaron moitísimo🌟🌟🌟🌟🌟
Diseño de XoaquinlorigazoadeiraAproveitamos esta celebración para sacar os libros da biblioteca ao patio do colexio e buscar un recuncho ideal para ler os nosos libros preferidos. Foi un día diferente, pero moi divertido.













