Elixe o teu idioma

venres, 30 de xaneiro de 2026

Feira Alvariza de Lalín

O aplicultor, David Liñares visitou o noso colexio par acercarnos ao mundo das abellas e a súa importancia para o coidado do medio ambiente e a polinización das flores. Despois dunha interesante charla convidounos a participar no Certame Alvariza, un concurso de debuxo con temática apícola e técnica libre.  Participamos  un total de 160 nenos e nenas, todos de 4º curso e con moita sorte conseguimos ser agraciados con dous premios. Parabéns a Sara e Lucas, e a todos os seus compañeiros por participar, desfrutar e aprender tantas cousas interesantes do mundo das abellas e do mel.