Elixe o teu idioma

xoves, 29 de xaneiro de 2026

Día escolar da non violencia e a Paz

 Este venres, 30 de xaneiro, o alumnado de 4º curso participamos na confección dun gran mural colectivo no que tamén participaron o resto do alumnado do noso centro. Foi un día moi bonito, xa que a concienciación colectiva  sobre a necesidade de crear espazos libres de violencia e promover entornos seguros, eliminando as agresións físicas e psicolóxicas, redunda en beneficio de todos e todas. Unha xornada que non debemos esquecer porque sumando pequenos esforzos podemos conseguir grandes metas.