A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización.
Na cultura popular galega, a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para primavera, coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera. Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno e se emparellan para facer xuntos o niño. A nós, coma os paxariños, gústanos moito celebrar esta data para festexar o día do amor e a amizade e crear lazos de uníon que nos fagan estar máis unidos e sentirnos ben.
Feliz Día!
Presentación de paxaros da nosa comunidade.
Día da Candeloria de Rosa M García Méndez




