Co gallo da celebración do Día das escritoras, que se conmemora cada ano o luns máis próximo ao 15 de outubro, realizamos unha actividade de lectura de intercambio dedicada a escritoras que pasaron polo noso centro, animándonos a ler e presentando algún dos seus libros. Nestes días lembraremos a Ana Meilán, Mary Carmen Ruzo, Rosalía Morlán e Charo Golmar.
A xornada do xoves, 16 de outubro, estivo dedicada a Ana Meilán. Rosalía e Hugo, alumnos de 6º curso de Educación Primaria, presentaron na nosa aula varios textos desta escritora e a nós encantounos recibir a visita destes compañeiros e escoitar as súas amenas lecturas.
16 de outubro
O venres, 17 de outubro, acompañounos Marco e  David que leron un texto dedicado ao outono, moi apropiado para estas datas nas que estamos. Un  relato moi fermoso  de Mary Carmen Ruzo, que serviu para dar a coñecer a esta escritora e o seu libro  titulado "Leliña".
E hoxe acompáñaronnos Xabi e Felipe que leron textos de Rosalía Morlán e algo da súa biografía. Esta actividade estivo moi interesante xa que así  recordamos a estas escritoras que estiveron no noso centro e coas que aprendemos e desfrutamos moito. Moitas grazas rapaces por compartir connosco  o pracer da lectura. 
Rematamos esta actividade con lecturas do libro Cantarolas, escrito por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas. Nós, na clase de 4º curso, estivemos a traballar con este fermoso texto varios días, coñecer algo máis da figura de ambos escritores e saber algo máis da súa vida e da súa obra. Recopilamos e recitamos moitos dos seus poemas. Finalmente confeccionamos este bonito mural para ter exposto na aula durante algúns días.
  Finalmente, un grupo de nenos e nenas representou a nosa colase para recitar no salón de actos os poemas elixidos. Un recoñecemento para todos eles porque o fixeron moi ben. 











