Comezamos a actividade de lectura en familia para este curso 25/26. Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración, prácticamente de todas as familias, polo que agradecemos de antemán o esforzo realizado por prestarnos parte do seu tempo e acompañarnos nesta interesante tarefa. A todos e todas, moitas grazas. Con esta actividade intentamos crear ou máis ben fortalecer vínculos afectivos con pais e nais do alumnado de 4º curso, mellorar a comprensión lectora e cultivar o amor pola lectura desde a infancia. Este é o noso obxectivo e o lema elixido por toda a rapazada para transmitir estas boas prácticas é:
"Lectura en familia, maxia compartida"
Luis, pai de Gerardo e Diego
No día de hoxe, contamos coa colaboración de Luis, pai de Gerardo e Diego, que cautivou a todos e a todas cun relato ben fermoso titulado, "Alicia en el país de las Maravillas", con esta ensinanaza  final:"Los papás y los abuelos te cuidan, te enseñan y te quieren, cuídalos como ellos hacen contigo". Despois de escoitar outra bonita historia onde nada é o que parece, rematamos a actividade cunha interesante sesión de preguntas onde os nenos e nenas mostramos moito interese por coñecer algo da vida do pai dos nosos amigos. O seu relato emocionounos moito e non nos deixou indiferentes. Todo o noso agradecemento, Luis,  por compartir con nós sabedoría, experiencias e algo do teu tempo. 
Grazas💙 








