Hoxe inauguramos a biblioteca do centro coa visita de Diego Viaño Moure, o home do tempo da TVG. Dounos unha interesante charla explicando como se elaboran as previsións meteorolóxicas e como se interpreta o aspecto das nubes, o mapa do tempo e o nome das borrascas. Con el colaboraron os nosos compañeiros da clase, África e Pablo e tamén algúns dos nosos profes para anticiparnos o tempo que nos espera para esta fin de semana. ☂☁🌞


