venres, 2 de maio de 2025

Letras Galegas 2025

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Nesta edición as homenaxeadas son As Cantareiras coas súas coplas que tan ben entoaban, acompañadas de pandeiretas e gaitas de fol,  animando deste xeito os seráns con bonitos cantos e divertidos bailes.
 

Foi o xoves, 16 de maio, a data elixida para festexar no noso colexio o Día das Letras, con numerosas actividades nas que participamos todos e logo para rematar participamos en divertidos xogos populares no patio do centro.
Letras Galegas 2025👇

Dentro da celebración da semana das Letras Galegas e coa colaboración do EDLG, organizouse  unha excursión ao Museo de Pontevedra e ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Unha saída moi interesante e divertida na que desfrutamos moito todos.
 
Vídeo sobre as cantareiras realizado polo alumnado de 3º curso    

       Actividades en liña do Seminario Galán 👇

Actividas en liña da Primavera das Letras👇 

Tal e como falamos, déixovos  enlaces a  recursos de todo tipo relacionados co canto tradicional e coa celebración das Letras Galegas. 

Agardo, coma sempre, que vos animedes na  procura de resolver actividades en liña e ler algunhas coplas tradicionais, son realmente fermosas.

CANTIGAS MUSICAIS

CANTIGAS DE OFICIOS

CANTIGAS DE MUIÑOS

 CANTIGAS DE POBOS