venres, 16 de maio de 2025

Lectura en familia con Jesús

No día de hoxe, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Contamos coa colaboración de Jesús, pai de Alexandre, que nos leu o libro titulado, "Cando a Terra esqueceu xirar" de Fina Casalderrey.


Escoitando este relato con moita atención levounos a reflexionar sobre o importante que é a colaboración de todos para arranxar os problemas do mundo.
Logo da lectura deste interesante e divertido libro, Jesús falounos doutras cousas moi curiosas relacionadas co seu traballo. Conversamos sobre a importancia das enerxías que estamos estudando en Natureza, tanto das renovables como das non renovables e deunos unha explicación moi clara e convincente sobre as causas do apagón que acabamos de sufrir.  Pasamos un rato moi agradable no que as emocións, tan propias de todo ser humano, tamén estiveron presentes. Por todo...

Grazas, Jesús!👏👏👏