venres, 25 de abril de 2025

Proxecto: Transformación da paisaxe

Con motivo da celebración do Día Internacional da Terra o alumnado de 3º curso presentamos o noso proxecto sobre a paisaxe, os cambios que se producen nela a as causas que provocan estes cambios.
 O día 22 de abril celébrase o Día da Terra para concienciar sobre a necesidade de procurar unha economía sostible, válida para as persoas, pero tamén para o planeta. A Terra pídenos que actuemos, por iso nós debemos contribuír e dar respostas: evitar a contaminación nos océanos, coidar os ecosistemas, protexer a nosa paisaxe, os bosques, a flora e  a fauna que os habita. 
Dentro do proxecto anual de centro: "Ciencia para un futuro sostible", os nenos e nenas de 3º curso realizamos o noso proxecto. Unha labor minuciosa, realizada ao longo de todo o curso e traballando arreo no colexio e tamén nos nosos fogares.  Contamos coa axuda das  nosas familias que colaboraron e nos acompañaron  na pescuda de información, na elaboración de pequenos traballos e deseñando as nosas maquetas con paisaxes moi diferentes onde se pode observar a transformación da paisaxe debido a múltiples causas. 
Realizamos a exposición do proxecto no salón de actos do centro,  para todos os compañeiros e compañeiras do colexio e para todo  o profesorado. Coa intencionalidade de facelo chegar a todas as familias do alumnado, publicamos  a gravación do acto a través do noso blog
A todo o alumnado de 3º curso, por tanto esforzo, por todo o traballo realizado, polo ben que realizaron esta exposición...
🐇🐄🐑 Moitos parabéns!!!🌳🌲🌷
Felidídterra !!!
Exposición do proxecto no salón de actos.

Presentación de fotografías.  
 
Exposición en aula sobre a paisaxe e os diferentes ecosistemas, elementos de cada un deles e a súa transformación.  
Mural realizado polo alumnado e relacionado co proxecto que estivemos a desenvolver.
As nosas maquetas sobre a transformación da paisaxe.
Vídeo do proxecto co texto e con pequenas curtas realizadas polo alumnado de 3º.
Presentación da cantiga: "As árbores de fraga"
    O noso proxecto en formato PDF 💚     
     
 Presentación do proxecto en Canva que se pode ler e descargar. 
As nenas e nenos de 3º curso dicimos:
 "Coidar o Medio Ambiente é valorar a vida" 
#PorUnPlanetaVerdeAzul"