domingo, 2 de febreiro de 2025

Feliz día!!!

👉FESTA DA LUZ. 🐦🐤🐥🐦🐣

Na cultura popular galega, a Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites. Coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera. Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno  e  se emparellan para facer xuntos o niño. A sabedoría de refraneiro galego lembra todos estes feitos e moitos outros da época.

  • "Cando a Candelaria chora, a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, a mitá do inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"
  • "Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar".
  • "O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra".
  • "Na Candeloria casan os paxariños e marcha a galiñola"
  • "Despois da Candeloria ningunha ave voa soa"
Día da Candeloria 3º curso 2025