Cando as temperaturas son moi baixas certos animais dormen, provocando que a frecuencia dos latexos cardíacos baixe radicalmente; ao mesmo tempo, o número de respiracións diminúe de modo semellante, e a temperatura orgánica descende considerabelmente. Nesta situación, o animal parece que está morto, até o punto que a pel resulta fría ao tacto e, nalgúns casos, pódese manipular con brusquedade, sen que este esperte.
A hibernación (ou "sono de inverno") é un dos grandes enigmas do mundo animal. É algo máis que un profundo sono. O animal baixa as súas pulsacións e a súa respiración, e a dixestión practicamente detense. Ao empezar o inverno, o animal debe ter aumentado as súas reservas de lípidos, que van consumíndose paulatinamente para suplir as necesidades enerxéticas do organismo durante o que pode compararse cun longo sono.
Esta é a investigación que África, Sara, Martín, Sol, Naia e Gael de 3º curso realizamos sobre a hibernación e sobre algúns animais que experimentan este proceso, como as ras, as abellas, os morcegos, as tartarugas, os caracois, as marmotas, os osos pardos etc.
Perezoso, a nosa mascota, aínda que semella un oso, non hiberna, el está con nós cada día e acompáñanos nas tarefas diarias. Querémolo moito porque é un membro máis do grupo e con el sentímonos acompañados en todo momento. Agora está moi guapo porque Carmen, a avoa de África, texeu para el, como agasallo de Nadal, unhas luvas, un gorriño e un bonito traxe que lle queda fenomenal. E para que non se sinta só nas longas noites de inverno, agora ten compañía, unha ovelliña tamén feita por Carmen e que aínda temos que buscarlle o nome apropiado. Por iso che damos as grazas, de todo corazón, por colaborar en manter viva esta ilusión que tanto nos aleda. De todos nós:
Moitas Grazas, Carmen!