Pechamos o primeiro trimestre deste curso e chega a maxia do Nadal. Estas son unhas datas moi emocionantes para nós, xa que rompemos coas rutinas de cada día para realizar outro tipo de actividades máis lúdicas e divertidas. Por iso, non podían faltar os contos de Nadal, a carta aos Reis Magos, a Papá Noel e tamén a decoración da nosa aula. O noso corredor loce moi engalanado con motivos relacionados con estas festas e moito, moito arte, xa que nel figura a exposición de cadros en papel reciclado por nós e con temática relacionada coa estación invernal e o Nadal. Anímate a visitar esta Galería de Arte de 2º ciclo e contemplar os cadros que nela están expostos ao público. Son unhas pinturas moi orixinais e fermosas, pintadas por todo o alumnado deste ciclo e que te deixarán marabillado. A restante decoración do noso corredor foi a base de piñeiros, estrelas e calcetíns de nadal elaborados polos nenos e nenas de 3º e 4º curso e tamén polo alumnado de Relixión. Por suposto, non podiamos esquecer a felicitación de Nadal ás nosas familias que están sempre presentes no noso corazón e máis aínda nestas datas tan sinaladas. A Papá Noel queremos agradecer a súa visita e tanta amabilidade por recoller as nosas cartas nas que pedimos agasallos, pero sobre todo, moita saúde.
A toda a xentiña do noso redor desexamos...
FELICES FESTAS!
CONTOS DE NADAL