O entroido é unha festividade moi popular en Galicia e celébrase de xeito moi diferente en cada zona da nosa xeografía. Para nós son estas unhas datas especialmente divertidas nas que participamos de toda algarabía con moito entusiasmo. Forma parte da nosa cultura e divertímonos respresentando o papel que nos resulte máis atractivo e ao que admiramos máis. Ao alumnado de 3º curso este ano tocounos investigar sobre os Peliqueiros de Laza, un dos entroidos máis tradicionais e con máis arraigo na nosa comunidade. Nesta presentación deixamos algo de información relacionada con este carnaval tan ancestral.
ENTROIDO DE LAZA de Rosa M García Méndez