No día de hoxe, 7 de novembro de 2024, participamaos nun interesante obradoiro sobre medio ambiente, desenvolvido por dúas científicas do CSIC. Ensinaron técnicas de laboratorio sobre o mantemento, reprodución e coidado de diferentes especies arbóreas. Tamén nos falaron do Carballo das Mentiras na parroquia de San Miguel de Sarandón (Vedra) onde desenvolveron unha importante labor de recuperación, xa que debido as obras no vial, está gravemente afectado e a piques de desaparecer.
"No medio de San Miguel
hai un carballo das mentiras
onde se xuntan as nenas
para gobernar moitas vidas".