venres, 8 de novembro de 2024

Magosto no noso colexio

 FESTEXAMOS AS TRADICIÓNS

Nestas datas dámoslle a benvida ao outono e que mellor maneira de facelo que celebrando o Magosto. Este venres, 8 de novembro,  no CEIP Xoaquín Loriga festexámolo con todos os nenos e nenas, cos nosos profes e algunhas nais  dos nosos compañeiros e compañeiras que souberon amenizar o evento vestíndose de castañeiras. Previamente realizamos outras actividades relacionadas con esta temática e coa axuda das nosas familias realizamos un faroliño sostible para dar luz a estes días outonales que son o anticipo do longo inverno. Tamén decoramos os cornetes ("cucuruchos"), creamos unhas orixinais castañas da amizade e recitamos fermosos poemas recollidos no libro de Charo Golmar, "No bico do vento".  Pero sobre todo, pasámolo moi, moi ben e desfrutamos enormemente mantendo viva esta tradición tan galega.

Feliz Magosto!🍁🍁🍂