mércores, 30 de outubro de 2024

FESTEXAMOS O SAMAÍN

Un ano máis, celebramos o Samaín!!! Nesta edición tocou decorar o noso corredor con esqueletos e quedou terriblemente monstruoso. Na festividade tampouco podían faltar os contos de medo, as receitas terrorificamente saudábeis, as cabazas e decorar todo colexio, incluída a aula e túnel do terror. O luns 28 de outubro realizamos un divertido percorrido por todos os corredores do centro, observando con moito sixilo as diferentes decoracións que tamén realizaron os nosos compañeiros e compañeiras.  Como colofón,  festexamos esta data coa visita á aula do terror e un divertido baile no pavillón. No comedor do colexio, un xantar aterrador, pero moi, moi saboroso.😋😋 
                            Pasámolo xenial!