O alumnado de 3º curso, xunto co resto de rapaces e rapazas de 2º, 4º, 5º e 6º curso de EP, participamos na Fase Zonal de Campo a Través nas instalacións da Semana Verde en Silleda. Destacar os bos resultados dos nenos e nenas do noso centro grazas ao seu esforzo e participación. Felicitamos a todos e todas polo bo comportamento e deportividade reinante nesta competición e a Naia, Lucas e Gael de 3º curso polos diplomas e medalla acadados. Foi unha xornada moi divertida!!!
Moitos parabéns!