O venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no concello de Vila de Cruces. O académico é autor dunha das obras máis lidas en galego, 'Memorias dun neno labrego', editada por primeira vez na Arxentina (1961). A partir dunha unidade didáctica aprendemos moitas cousas da súa vida e algo da súa obra. Finalmente elaboramos uns orixinais marcapáxinas sobre os costumes e traballos que se realizan no mundo rural. Lembramos a Balbino e ao seu can Pachín e lemos breves fragmentos do libro, "Memorias dun neno labrego".
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre.