A mellor maneira de que os nenos e as nenas lle dean importancia á lectura, é ver que unha persoa adulta e importante para el ou ela, tamén le. Para espertar a súa curiosidade e fomentar este hábito é necesario, pouco a pouco, ir construíndo conversacións e vivencias ao redor dos libros, que vaian vendo que ler ábreche todo un mundo de posibilidades máis aló do momento concreto da lectura. Coñecer os seus intereses facilitaranos poder ofrecer lecturas de temáticas que lles resulten máis atractivas e significativas para eles e elas. Con tal fin estase a desenvolver no noso centro a actividade de "Lectura en familia" e que en 3º curso iniciamos coa colaboración de:
Luis
Luis, pai de Gerardo e Diego, fixo unha lectura dramatizada moi divertida sobre o conto: