Fátima, nai de Lucas
O venres, 12 de xuño, desenvolveuse na nosa aula a derradeira actividade de lectura en familia para este curso.
Fátima, nai de Lucas, quixo compartir con nós o conto, "Desconectados" escrito por Miriam Tirado.
Con esta lectura, Fátima trata de poñer de manifesto unha problemática que cada vez está sendo máis habitual, as adicións ás pantallas, tanto da poboación en xeral, como máis concretamente, o caso dos menores, cando non hai un control parental sobre o uso das mesmas.
Este libro serve como ferramenta para que os nenos e nenas comprendan o aditivas que poden chegar a ser as pantallas e como os videoxogos no ordenador ou no teléfono nos poden ocupar gran parte do noso tempo de ocio.
Axuda a reflexionar sobre os hábitos dixitais e inclúe consellos prácticos para que os pais poidan xestionar as tecnoloxías na casa de forma sa, máis agora no período estival que temos moito tempo libre e non debemos dedicalo só a xogar co ordenador.
Como ben di Fátima, nas vacacións de verán é conveniente aproveitar os días de sol e o bo tempo para saír a pasear, xogar cos nosos amigos e amigas e estar máis coas nosas familias.
Unha lectura moi interesante e moi de actualidade que nos fai reflexionar se o noso comportamento, en relación ás novas tecnoloxías, é responsable e sempre o máis axeitado. Desfrutamos moito escoitando o teu relato e os teus consellos. Grazas, Fátima, por colaborar con esta proposta do noso centro e por concedernos un pouquiño do teu tempo.
👏👏👏👏👏👏
Como mostra do noso agradecemento, tiñamos preparado un orixinal agasallo que entregou Lucas e Gael en nome de todos. Agardamos que che gustara.
E Fatima tamén trouxo un bonito recordo para todos os nenos e nenas da clase que repartíu Lucas moi amablemente. Unhas pulseiras moi bonitas! Moitas Grazas de parte de todos nós.
Toda a rapazada e tamén os profes estamos moi agradecidos a todos os pais e nais que colaboraron con este programa de Lectura en familia que se estivo a desenvolver durante todo o curso escolar. Coa vosa contribución todos os nenos de 4º curso puideron beneficiarse desta iniciativa de fomento á lectura, que, cando menos, resultoulles motivadora e divertida.
A todas as familias,
GRAZAS!











