Como todos os anos, nesta semana conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, un 23 de febreiro de 1837. Nesta ocasión, para festexar o Día de Rosalía, o alumnado de 4º curso traballamos con textos relacionados coa autora, memorizando varios dos seus poemas. Recordamos a súa biografía e participamos no recital poético que se desenvolve no salón de actos para conmemorar esta celebración, traballando o poema, "O repoludo Gaiteiro", con orixinais debuxos e un curioso dicionario de palabras descoñecidas para nós. Para saber algo máis da súa vida e da súa obra colaboramos na edición dun Genially no que continuaremos practicando toda esta semana. Xa no primeiro trimestre, realizamos unha divertida excursión á Casa Museo de Rosalía, e esa visita espertou en nós un enorme interese por coñecer a fondo a esta autora que é tan nosa.
💚💙Feliz Día de Rosalía!!!💜💛












.jpg)