O pasado venres 13 festexamos no noso centro unha das celebracións máis agardadas do curso, o Entroido. Foi unha semana con moita algarabía onde as comandas do gaiteiro do cocido ían indicando a caracterización entroideira que debiamos seguir.
Pasámolo moi ben e o máis divertido foi estar no colexio con pixama, coma na casiña e por suposto a celebración do xoves de señoritas.
Ata chegar ao venres que foi o día grande. A xornada comezou coa exposición das carrilanas de Santiso, algunhas realizadas por alumnos do colexio coa axuda das súas familias.
Logo degustamos un saboroso chocolate con biscoito e deseguido desfile cheo de cor e alegría no que cada neno e nena mostrou o seu orixinal disfrace.
Ao remate, xogo e baile puxeron o broche final a unha mañá moi divertida.
Temos que expresar o noso agradecemento a ANPA do colexio e tamén ás familias por colaborar e participar activamente nesta festa.


















