domingo, 9 de novembro de 2025

Proxecto Abeirar

Nas primeiras sesións deste venres, 7 de novembro, desenvolveuse na nousa aula un programa de educación sexual integral para a infancia, promovido pola Oficina de Igualdade do concello de Lalín e financiado cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero. Este programa, que se mantén durante o curso 25/26 con outras dúas xornadas, de educación sexual durante o segundo e trerceiro trimestre, ten como eixes transversais o autocoñecemento do corpo, a xestións das emocións, o bo trato, a ética relacional, a responsabilidade afectiva e a autoestima. O programa comprende un amplo abano de actividades adaptadas a cada curso e ás características evolutivas xerais do alumnado. Adapta os contidos ás súas necesidades e dá sempre espazo ás súas inquedanzas.