Na semana do 10 ao 14 de novembro celebramos o Magosto. Cada ano toca saber un pouquiño máis sobre as orixes desta tradición.
Anímate a resolver este "Genially" e saber algo máis dos froitos do castiñeiro, as castañas e desta celebración tan nosa. 🌰🌰🌰
Continuamos con xogos populares na clase de Educación Física e xogando no panel de robótica para o que primeiro confeccionamos tarxetas sobre as árbores autóctonas que perden as súas follas no mes de outono. Continuamos deste xeito o traballo sobre as árbores da fraga iniciado o curso pasado.











