Fátima, nai de Lucas
O venres, 13 de xuño, desenvolveuse na nosa aula a derradeira actividade de lectura en familia para este curso. Fátima, nai de Lucas, quixo compartir con nós o conto:¿Qué le pasa al planeta?.
Unha lectura moi interesante, relacionada co proxecto que se desenvolveu neste curso no noso centro, pois aborda a problemática medioambiental do planeta dun xeito divertido e moi atractivo para a cativada.
Nesta historia, o planeta espértase con proídos por todas partes, o que leva aos habitantes a preguntarse que está a suceder. O conto utiliza esta metáfora para explicar que as accións individuais, aínda que parezan pequenas, poden ter un impacto significativo no medio ambiente.
Desfrutamos moito ao escoitar este relato na voz da nai de Lucas. Grazas, Fátima, por colaborar con esta proposta do noso centro.
👏👏👏👏👏👏
Os nenos e nenas e tamén os profes estamos moi agradecidos a todos os pais e nais que colaboraron con este programa de Lectura en familia que se estivo a desenvolver durante todo o curso escolar. Coa vosa contribución toda a rapazada de 3º curso puido beneficiarse desta iniciativa de fomento á lectura, que cando menos resultoulles motivadora e divertida. A todas as familias,
GRAZAS!