Queridos alumnos e alumnas, rematamos este curso escolar despois dun ano de moito traballo, dedicación e esforzo.
Agora é tempo de descanso. Desexo que pasedes unhas felices vacacións.
Moitos Parabéns!
Estas son algunhas recomendacións que vos servirán para aproveitar mellor os meses sen colexio e desfrutar do tempo de lecer.
E se o desexas, na pestana "Vacacións" do noso blog, poderás acceder a numerosos recursos para repasar os contidos traballados, así non esquecerás o aprendido.
Presentación de fotografías relacionadas con algunhas das actividades realizadas ao longo deste curso.
A todas as persoas que formamos parte desta gran familia
🌞🌊🌄 Feliz verán!🏃🏄🏊