luns, 2 de maio de 2022

Día Internacional contra o acoso escolar

     

O sábado,  2 de maio, celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar co obxectivo  de concienciar a poboación infantil e  a toda a sociedade en xeral,  sobre os riscos que supoñen  estas prácticas abusivas, tanto de xeito directo coma  indirecto e que  chegan a converterse nun perigo terrible para os rapaces e rapazas que as padecen.  

Nos centros educativos  tratamos de evitar que esto ocorra e para sensibilizar ao noso alumnado e implicalo no rexeitamento deste tipo de comportamentos, os rapaces e rapazas de 4º, no curso pasado realizamos un pequeno vídeo coa axuda do profe Abel, sobre o conto,  "Todos con Vanesa"  que de novo volvemos recordar. Un emocionante libro de imaxes sen palabras que conta a historia dunha nena que é acosada e dunha compañeira de clase que o ve todo, pero non sabendo como axudar, busca o apoio de todos os seus compañeiros  para rescatala desta soidade. Grazas a este acto de  bondade, dela e dos seus compañeiros e compañeiras,  todo remata ben,  final que por unanimidade,  o alumnado decidiu darlle a este fermoso libro.

 Algo moi común e sofrir acoso a través das redes sociais, nós reproducimos  unha conversa de WhatsApp, pero dámoslle un xiro ao que podería ser un caso de bullying e as historias sempre  acaban ben, como ten que ser. Depositámolas no buzón do cole para aportar o noso gran de area e colaborar para que a sociedade modifique e rexeite actitides deste tipo.