Despois de presentar a primeira parte do traballo sobre "O teatro", dentro do proxecto anual de biblioteca coa temática "Os Xéneros Literarios", por fin chegou o día da estrea da nosa obra de teatro titulada, "Grovesende". A idea xurdiunos despois de ler unha noticia no periódico que nos deixou moi preocupad@s, "Cada semana, unha aldea desaparece en Galicia". A consecuencia diso, o alumnado de 4º curso decidimos investigar e de xeito colectivo escribir o guión para a obra, baseada en historias reais acontecidas na nosa contorna. É tan só unha sinxela escenificación coa que queremos concienciar ao pobo que isto non debe pasar e que pode estar nas mans de todos e todas poder evitalo. A publicación decidimos programala para este venres, 25 de marzo, como antesala á celebración do Día Mundial do Teatro, o domingo, 27 de marzo de 2022. Estamos moi nerviosos, pero convencidos de que vos vai gustar, e así, coa vosa axuda e a daquelas persoas que o desexen, intentaremos buscar solucións para que esto non siga sucedendo.
Compartimos con vós e con moito cariño o noso traballiño en formato vídeo e tamén a exposición da 1ª parte sobre o teatro, o texto e os mateirais elaborados.
2ª PARTE: OS XÉNEROS LITERARIOS .O teatro
"Grovesende, o lugar de ningures"
1ª PARTE: OS XÉNEROS LITERARIOS .O teatro
PRESENTACIÓN FOTOS DO PROXECTO
TOMAS FALSAS NA GRAVACIÓN😂😂😂