Elixe o teu idioma

xoves, 12 de marzo de 2026

Os coidados do horto e plantación de avea moura

Hoxe, 12 de marzo, iniciamos os coidados do noso horto para poñelo a producir. Nesta ocasión a plantación está relacionada cun proxecto liderado  polo CSIC en coordinación con Voz Natura e outras institucións,  para estudar e recuperar a avea moura, tamén chamada avea do país. Esta avea negra é un dos cultivos tradicionais de Galicia que aos poucos foi quedando relegada en favor doutras variedades con maior rendemento e produtividade. Neste proxecto participan 16 colexios de toda Galicia, e un deles somos nós, o CEIP Xoaquín Loriga. Este foi o motivo polo que neste curso a sementeira do noso horto fose esta herbiña, 120 gramos en total. Agardamos que nacera ben e que o rendemento sexa óptimo,  nós puxemos todo o empeño en facer ben o proceso.