Elixe o teu idioma

luns, 23 de marzo de 2026

23 de marzo, Día Meteorolóxico Mundial.

 O alumnado de 4º curso celebramos o Día Meteorolóxico Mundial debido á relación que ten esta conmemoración co noso proxecto. Para este curso a temática que nos tocou trata sobre  Clima e saúde, e leva por título: "Clima san, vida sa". Todos os estudos que viñemos realizando poñen de manifesto a gran influencia que ten o clima na saúde das persoas e sobre todo o aire que respiramos. A meteoroloxía condiciona a nosa vestimenta, o que comemos e en como nos sentimos cada día. Infúe no estado de ánimo, na saúde física e  tamén nas rutinas e decisións diarias. A través da megafonía do noso colexio, compartimos estes datos con todos os nosos compañeiros e compañeiras.