Marta, nai de Sara
No día de hoxe, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Contamos coa colaboración de Marta, nai de Sara, que activou a nosa memoria facéndonos moitas preguntas sobre a natureza, sobre os animais, dos volcáns etc. ao que tiñamos que responder tan só verdade ou mentira. Así lembramos moitos datos que xa tiñamos esquecidos e apredemos outros novos que nos deixaron cando menos, un pouco sorprendidos.
Para rematar, Marta espertou a nosa curiosidade realizando algúns experimentos que teñen que ver coa ciencia e as leis da física e que a nós nos pareceron moi divertidos.
Aprendemos moitísimo coa túa exposición e desfrutamos enormemente da túa compañía, Marta. Por iso queremos agradecerche de todo corazón que cederas parte do teu tempo para compartir con nós uns momentos tan marabillosos.
Grazas, Marta!👏👏👏








