Chega o Nadal, datas coas que pechamos o primeiro trimestre deste curso. Estes son uns días moi emocionantes para nós, xa que rompemos coas rutinas de cada día para realizar outro tipo de actividades máis lúdicas e divertidas. Por iso non poden faltar a carta aos Reis Magos e Papá Noel que el mesmo en persoa veu recoller ao noso centro. Moitas grazas Papá Noel por facernos este gran favor sabendo que nestes días tes tantísimo traballo.
Tampouco non podiamos olvidarnos de escribir e decorar as postais de nadal para felicitar ás nosas familias, ambientar os corredores do colexio, realizar os murais con motivos navideños e construir a nosa propia aldeíña de nadal.
E por suposto non esquecemos os contos de Nadal, a cita obrigada de todos os anos. Con eles o alumnado de 4º curso desexamos a todos e a todas unhas...
Felices Festas!!!
💓💓💓
Rematamos o trimestre con días de cine, o xoves na nosa aula co visionado da película "Charlie y la fábrica de chocolate". Esta película esta basada na novela infantil homónima escrita por Roald Dahal, que acabamos de ler e coa que desfrutamos enormemente. E o venres cine en Santiago con todos os nosos compañeiros do colexio para ver "Tipos malos 2".
Recibimos as felicitacións de Nadal dos nosos compañeiros de 4º curso do CEIP de Xuvencos de Boborás, e alegrámonos moitísimo.
Nesta semana foi todo festa e alegría para rematar un trimestre co sentimento do deber cumprido.
Feliz Nadal!
.gif)

















.jpg)