Elixe o teu idioma

venres, 19 de decembro de 2025

Felices Vacacións!

Chega o Nadal, datas coas que pechamos o primeiro trimestre deste curso. Estes son uns días moi emocionantes para nós, xa que rompemos coas rutinas de cada día para realizar outro tipo de actividades máis lúdicas e divertidas. Por iso non poden faltar a carta aos Reis Magos e  Papá Noel que el mesmo, en persoa, veu recoller ao noso centro. Moitas grazas, Papá Noel por facernos este gran favor sabendo que nestes días tes tantísimo  traballo.

Tampouco non podiamos esquecer escribir e decorar as postais de nadal para felicitar ás nosas familias, ambientar os corredores do colexio, adornar a nosa aula, realizar uns murais con motivos navideños e construír a nosa propia aldeíña de nadal, inspirados nas orixinais e fermosas Aldeas de Nadal que enchen de maxia a nosa vila, Lalín

  

E por suposto participar no tradicional certame literario de "Contos de Nadal", esa cita obrigada de todos os anos que . O conto gañador, elixido  por todos os nenos e nenas da clase, outórgaselle o premio de ser enviado a Radio Lalín para darlle publicidade e motivar así a un gran escritor/a novel que seguro, seguirá aledando as nosas vidas con moitas historias cheas de maxia e moita imaxinación. Dende aquí dámoslle as grazas a esta entidade por colaborar con esta iniciativa, a Radio Lalín, Grazas. O vindeiro luns, 22 de decembro, coñeceremos o gañador, así que non esquezades estar pendentes.  Con estes contos, creados con moita ilusión e moito amor,  o alumnado de 4º curso desexamos a todos e a todas unhas...  
FeliceFestas!!! 

💓💓💓

Rematamos o trimestre con días de cine, o  xoves 
 na nosa aula, co visionado da película "Charlie y la fábrica de chocolate". Esta película esta basada na novela infantil homónima escrita por Roald Dahl, que acabamos de ler e coa que desfrutamos enormemente. E o venres, cine en Santiago  con todos os nosos compañeiros e compañeiras do colexio para ver  o filme titulado,  "Los Tipos Malos 2".

   

Con enorme sorpresa, recibimos as felicitacións de Nadal das nosas amigas e amigos de 4º curso do CEIP de Xuvencos de Boborás,   alegrámonos moitísimo e celebrámolo con moita lagarabía.



Nesta semana foi todo festa e ledicia para rematar un trimestre co sentimento do deber cumprido. 
Feliz Nadal  querido alumnado!
 O noso calendario de nadal que podedes descargar. Feliz 2026!