martes, 25 de novembro de 2025

Día da NON violencia de Xénero

 O día 25 de novembro celébrase o Día Contra a Violencia de Xénero para dar unha maior visibilidade a este problema que está tan presente na nosa sociedade, lembrar a todas as víctimas que o padeceron e o están sufrindo na actualidade e reafirmar o noso compromiso con elas. Por iso, dende o CEIP Xoaquín Loriga e  por suposto na nosa aula de 4º curso, conmemoramos esta data para concienciar e condenar sobre o mal que causa calquera tipo de violencia na sociedade,  lembramos ás mulleres da nosa vida que tanto queremos e dedicámoslle unhas cariñosas palabras. Para rematar, o alumnado de Proxecto Competencial deseñou uns orixinais carteis para lembrar esta data.