sábado, 19 de abril de 2025

Lectura en familia con Soraya

Un conto en familia con...

Soraya, nai de Gael.

O venres, 11 de abril, a piques de comezar xa as vacacións de Semana Santa, visitounos Soraya, nai de Gael e con ela compartimos uns momentos marabillosos escoitando dous fermosos relatos: "A árbore xenerosa", unha bonita historia sobre amizade e o coidado do medio ambiente.

A continuación quedamos atrapados no conto titulado, "Ponte en mi lugar", que nos fala da empatía e como aprender a poñernos no lugar dos demais.
Desfrutamos moito escoitándote e agradecemos enormemente a túa colaboración.
 Grazas, Soraya!👏👏👏