Os nenos e nenas de 3º curso, xunto con outro alumnado do noso centro, asistimos hoxe a un espectáculo de monicreques que levaba por título "Rato Pérez", a cargo da compañía de teatro galego, A Xanela de Maxín. Expectantes, acudimos ao Salón Teatro no Auditorio de Lalín para divertirnos con esta emocionante historia que narra as aventuras do famoso ratiño recolle-dentes. Nesta comedia, chea de acción, puidemos descubrir o fascinante mundo de Rato Pérez e os seus amigos e valorar a importancia de manter viva esta tradición que axuda a garantir dentes fortes e sans en toda a poboación infantil.