domingo, 28 de abril de 2024

Plantación primavera 2024

Comezamos cos traballos de acondicionamento do noso horto, arrincando as malas herbas e abonando a terra para realizar a sementeira nos primeiros días de maio, se o tempo o permite.

Polo momento aproveitamos para realizar a sementeira de xirasoles coa idea de  transplantalos, regalos e coidalos no verán, coa axuda das nosas familias.
Os xirasoles son flores grandes e brillantes que a miúdo se consideran signos de felicidade e boa enerxía. Pero estas fermosas flores tamén son signos de paz e esperanza. En moitas culturas, o xirasol asóciase co Sol e considérase un símbolo de calor e luz. A flor utilízase na arte e na escritura para mostrar felicidade e positividade, curación e esperanza. Por iso non esquezas cultivar un xirasol na túa vida e abonalo cada día con actitudes de cariño, respecto e amizade, seguro que ha medrar  moi fermoso.