domingo, 28 de abril de 2024

Lectura en familia con Vanesa

Vanesa, nai de Felipe💑

O xoves, 25 de abril, desenvolveuse na nosa aula unha nova actividade de lectura en familia. Vanesa, nai de Felipe, falounos de Andorra, un estado independente situado entre Cataluña e Francia, onde ela pasou os primeiros anos da súa vida, ata que decidiu formar unha familia e virse a vivir a Galicia. O principado de Andorra é un microestado, dividido en sete parroquias, cunha superficie  total de 468 km². Pero non por pequeno deixa de ser interesante e moi fermoso, tanto para as persoas que viven nel como para ser visitado. Conta con moitos atractivos turísticos durante todas as épocas do ano e a todos nos fascinan as súas montañas nevadas e a paisaxe. Pero tamén podemos visitar  igrexas románicas, museos, adegas, lagos, estanques, buscar o Tamarro e practicar todo tipo de actividades ao aire libre e de aventura. E por suposto  esquiar,  percorrendo as  longas pistas como facía Venesa cando era pequena, acompaña sempre do seu pai.

Desfrutamos moito ao escoitar este relato e agora xa sabemos algo máis deste país,  para algúns de nós bastante descoñecido. Así que prometemos visitalo tan pronto nos sexa posible. 
Moitas Grazas, Vanesa, por regalarnos un pouco do teu tempo, tamén polos agasallos e por  compartir con nós as túas vivencias da infancia.
                Grazas, Vanesa!👏👏👏

Un agasallo ben bonito!
Moitas, moitas grazas