xoves, 14 de marzo de 2024

Proxecto: "Os peixes dos nosos ríos"

Hoxe, 14 de marzo, celebramos no colexio o "Día Internacional de Acción polos ríos". A finalidade desta celebración é velar polo coidado e protección da principal fonte de auga limpa do planeta, así como a concienciación cidadá para a súa  preservación. O coidado do medio ambiente é algo que nos preocupa e do que nos sentimos responsables. Queremos crear conciencia  e para iso debemos facelo  sendo coñecedores da enorme riqueza que temos nas nosas augas. O alumnado de 4º curso preparamos un proxecto sobre os ríos de Galicia e os peixes que habitan neles, e sobre todo afondamos no coñecemento das especies migradoras, tales como o reo, lamprea, anguía, sábalo, salmón... e tamén outras moi interesantes e  que viven só nos ríos. Para ilustrar o proxecto, a parte de realizar o traballo para a exposición oral,  construímos cada un de nós unha orixinal maqueta sobre os ríos de Galicia.Quedaron todas moi, moi bonitas.
 Hoxe é o gran día no que compartiremos este fermoso proxecto con toda a comunidade educativa na biblioteca do centro. Agardamos que vos guste tanto coma a nós, pero sobre todo, o que pretendemos con este traballo e que todos aprendamos  a valorar, coidar e protexer  a enorme riqueza que temos na nosa comunidade, Galicia, relacionada coa paisaxe e as augas que a bañan.   
O alumnado de 4º curso deséxavos un...
Feliz Día de Acción Polos Ríos!
    
O Noticieiro de Zoadeira RTVG
Vídeo da exposición do traballo  
Os peixes das nosas augas
 
Os ríos de Galicia que estudamos en 4º curso
Tomas falsas
O noso traballo en formato pdf, por se te animas a lelo e saber máis dos nosos ríos e dos peixes que habitan neles.
O texto en formato presentación e resumido por se che resulta de utilidade.
Os peixes das nosas augas de Rosa M García Méndez