mércores, 25 de setembro de 2024

Normas de clase

Comezamos un novo curso despois dun descanso vacacional  que nos serviu para cargar  enerxía e comezar con moito entusiasmo.   Deste xeito poderemos afrontar os novos retos que se nos presentarán no día a día con todas as garantías de éxito.

E para que todo funcione con normalidade decidimos elaborar as normas de clase. Consideramos que son necesarias e para que sexan eficaces, asinamos todos o compromiso responsable de respectalas e cumprilas.

 Moi bo traballo. Parabéns!!!