luns, 23 de xuño de 2025

Felices Vacacións


No armario do corredor da clase de 3º quedaron estas cazadoras, podedes pasar a recollelas en horario de mañá.



luns, 16 de xuño de 2025

Festa de fin de curso

O alumnado de 3º curso celebramos o día 20 de xuño a despedida do curso  na nosa  aula e posteriormente  participamos na gran festa de fin de curso de xeito colectivo, con todo o alumnado do colexio e as familias. Foi moi divertido xogar nas colchonetas cos nosos compañeiros e compañeiras. Tamén nos gustaron moito os talleres  desenvolvidos por todas as familias que colaboraron moi amablemente nesta actividade. A todas elas, moitísimas grazas por acompañarnos neste día tan divertido e importante para nós. Finalmente un xantar delicioso que compartimos todos xuntos na carballeira.  Un fin de curso xenial!

Felices vacacións

Queridos alumnos e alumnas, rematamos este curso escolar despois dun ano de moito traballo, dedicación e esforzo. 

Agora é tempo de descanso. Desexo que pasedes unhas felices vacacións.  

Moitos Parabéns!

Estas son algunhas recomendacións que vos servirán para aproveitar mellor os meses sen colexio e desfrutar do tempo de lecer.

E se o desexas, na pestana "Vacacións" do noso blog, poderás acceder a numerosos recursos para repasar os contidos traballados, así non esquecerás o aprendido. 

Presentación de fotografías relacionadas con algunhas das actividades realizadas ao longo deste curso.
 
A todas as persoas que formamos parte desta  gran familia 
🌞🌊🌄 Feliz verán!🏃🏄🏊